Castelao, protagonista na web

O Museo e a RAG súmanse á lembranza de Castelao no 75 aniversario do seu pasamento con accións que divulgan o seu legado, especialmente na web.

Espectadores observan obras das salas Castelao do Museo de Pontevedra.

Espectadores observan obras das salas Castelao do Museo de Pontevedra. / Gustavo Santos

Visitas guiadas e virtuais, novas visións sobre a colección permanente e publicacións son algunhas das actividades que programa o Museo adicadas a Castelao, o gran exponente político e cultural da Galicia contemporánea, cando se cumplen 75 anos do seu pasamento, e no que se da un especial protagonismo á presenza na rede. Tamén a Real Academia Galega se suma ás celebracións para lembrar a súa figura, coa estrea dun sitio web no que ocupará un lugar destacado os fondos que depositou a RAG na institución cultural pontevedresa, caso dos grandes cadros de cegos.

No caso do Museo de Pontevedra, as actividades centraranse «nos recursos que temos dispoñibles de xeito permanente na colección», indican dende a institución. En concreto, sinalan á nova ferramenta virtual Explora a colección, que pon a disposición dos internautas as 1.834 obras de Castelao coas que conta o Museo, a maiores dos fondos da biblioteca e documentación.

Presencialmente, o público poderá participar os primeiros martes de cada mes nunha visita guiada que percorrerá as dúas salas nas que se exhibe unha parte das obras que conserva o Museo.

As visitas teñen unha duración de arredor de 60 minutos e, tras da primeira celebrada esta semana, a seguinte está programada para o vindeiro 4 de febreiro.

Unha visitante contempla no Edificio Castelao os Debuxos de negros do artista, político e intelectual.

Unha visitante contempla no Edificio Castelao os Debuxos de negros do artista, político e intelectual. / Gustavo Santos

No caso dos centros escolares, están programadas proxeccións de «Castelao: de chumbo a verba», un documental ficcionado dirixido por Miguel López para divulgar o pensamento e a dimensión cultural e política do autor de Sempre en Galiza.

A institución cultural pontevedresa conta con 1.834 obras do político e intelectual

Pola súa banda, a RAG súmase ás celebracións que lembrarán a súa figura e o seu legado estreando un novo sitio web (academia.gal/ano-castelao) no que irá incorporando, ao longo dos vindeiros meses, distintos fondos que custodia relacionados con quen é «sen dúbida a gran figura política e cultural da Galicia contemporánea». «Xunto con Rosalía de Castro, Castelao é o primeiro referente da galeguidade. Rosalía no século XIX. Castelao no XX», salienta o presidente da RAG, Víctor F. Freixanes.

Retrato de Daniel Alfonso Rodríguez Castelao.

Retrato de Daniel Alfonso Rodríguez Castelao. / FdV

A RAG lembra que mentres Castelao viviu no obrigado desterro, a Academia Galega «non declarou vacante a súa cadeira, en recoñecemento ao seu legado e á súa significación. Tras o seu pasamento, conservou viva a súa memoria e neste Ano Castelao volve poñer o foco no seu pensamento, que continúa a ser guieiro». O seu «non lle poñades chatas á obra namentres non se remata. O que pense que vai mal, que traballe nela. Hai sitio para todos, plasmado no álbum Nós (1920), segue vixente un século despois», subliña o presidente.

O novo sitio web «acolle tanto os documentos gráficos e textuais conservados no noso arquivo —manuscritos dalgunhas conferencias, textos da súa autoría e outros documentos que sinalan a pegada que deixou Castelao— coma a súa presenza nos fondos bibliográficos e hemerográficos. Preténdese con todos eles ilustrar a obra e a biografía do rianxeiro», explica o académico Henrique Monteagudo.

Na sección Pezas destacadas membros da RAG e outros especialistas presentarán cada mes unha peza senlleira relacionada coa biografía ou a obra de Castelao. «Aínda que non todas estean hoxe depositadas nas instalacións da RAG —como é o caso dos grandes cadros de cegos que se poden visitar no Museo de Pontevedra—, todas son propiedade da institución e como tales as ofrecemos ao público», engade Monteagudo.

Suscríbete para seguir leyendo

Tracking Pixel Contents