Convocado un novo Erasmus+ de mobilidade internacional do alumnado
REDACCIÓN
A Deputación de Pontevedra acaba de convocar un novo Consorcio de Mobilidade, ao que se poderán adherir os centros educativos da provincia, coa finalidade de presentar conxuntamente unha solicitude de proxecto e financiamento ao Servizo Español para a Internacionalización da Educación (SEPIE) dentro da convocatoria de propostas 2025 do Programa Erasmus+ para impulsar a mobilidade internacional do alumnado da provincia. O prazo de solicitude de adhesión dos centros rematará o próximo 15 de xaneiro.
O novo consorcio tomará a remuda do actual, do que forman parte 39 centros educativos de 22 concellos, entre eles de Caldas de Reis, Marín, Pontevedra e Sanxenxo, e para poder formar parte deberán impartir especialidades de grao básico e medio e certificados de profesionalidade dos niveis I, II e III. Coa súa participación no Erasmus+, a Deputación impulsa que o alumnado da provincia recentemente titulado, así como docentes e persoal non docente que traballe en educación e formación profesional, realice mobilidades en países europeos para realizar prácticas profesionais en empresas e organizacións do estranxeiro.
O proxecto terá unha duración inicial de 15 meses, con posibilidade de prórroga ata os 24 meses, mentres que as estadías se levarán a cabo en diferentes períodos a concretar. As persoas beneficiarias poderán realizar a mobilidade nun dos países do programa Erasmus+.
- Un terremoto con epicentro en Barro se siente en media Galicia
- Asociaciones y estudiosos piden que se impida el derribo del último alfolí
- Un seísmo de 3,2 grados con epicentro en Barro se siente en 200 localidades gallegas
- El condenado por el crimen de Jéssica Méndez en Barro pide su absolución: 'Lo más probable es que me quedase dormido
- Portonovo dispondrá en marzo de su renovado mirador de A Peixeira
- Lores ofrece a Caballero un 'frente común' por la gratuidad de la AP-9 entre Pontevedra y Vigo
- ‘Muface Sí’ se hace oír: «Perdemos los derechos de toda una vida de trabajo»
- Inditex cierra su tercera tienda en Pontevedra en los últimos seis años