En memoria dos canteiros galegos

Aguasantas, en Cerdedo-Cotobade, berce de moitos destes mestres, inaugura un monumento adicado «a dúa mestría e paixón que perduran en cada obra que deixa pegada na nosa historia»

Descubremento do monumento.

Descubremento do monumento. / FdV

O conselleiro de Educación, Ciencia, Universidade e Formación Profesional, Román Rodríguez, e o alcalde de Cerdedo-Cotobade, Jorge Cubela, inauguraron este sábado o monumento aos canteiros galegos instalado na Alameda de Agusantas nun acto que contou coa presenza do deputado provincial Javier Tourís, o delegado da Xunta en Pontevedra, Agustín Reguera, o director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, José Balseiros, os rexidores de A Lama, David Carrera, de Campo Lameiro, Carlos Costa e de Portas, Ricardo Martínez, así como destacados representantes do movemento asociativo e cultural dos concellos da comarca do Verdugo-Oitavén e canteiros en activos ou xa xubilados. O monumento inagurado é unha estatatua en pedra cedida pola Escola de Canteiros de Poio en el figura unha inscrición na que se pode ler: «En recoñecemento á dedicación, esforzo e arte dos canteiros galegos. A súa mestría e paixón perdurarán en cada obra que deixa pegada na nosa historia».

En memoria dos canteiros galegos

Participantes no acto / FdV

O acto, que foi presentado pola concelleira Galiza Aguete, contou coa intervención do alcalde de Cerdedo-Cotobade, Jorge Cubela, quen salientou o feito de que se realizara esta homenaxe en Aguasantas «débese a que esta parroquia atesoura un bo número de canteiros que ao longo das súas vidas foron referencia neste oficio en Galicia». Así citou entre outros aos canteiros barrocos de Cotobade, a Sergio Amoedo, autor da Alameda de Aguasantas, aos canteiros de Terras de Montes, estudiados por Antonio Rodríguez Fraíz e, especialmente, a José Cerviño García ‘Pepe da Pena’, a quen se lle atribúe, entre outras mestras o cruceiro de Hío. Segundo dixo Jorge Cubela, «trátase de facer recoñecemento á dedicación, esforzo e arte dos canteiros, cuxo traballo transformou a pedra nun legado de beleza e resistencia. A súa mestría e paixón perduran en cada obra que deixa pegada na nosa historia».

Pola súa banda, o conselleiro de Educación, Román Rodríguez, felicitou aos promotores desta homenaxe pola importancia que os canteiros galegos tiveron e teñen na historia de Galicia e referiuse a eles como artistas da pedra que deron forma a moitos soños arquitectónicos e etnográficos do noso país.

Tamén interviron no acto Maximino Fernández Sendín, estudioso sobre o mundo dos canteiros e especialmente de José Cerviño, e promotor do museo do Pazo da Cruz así como Belarmino Villanueva, canteiro de Armenteira (Meis) afincado en Aguasantas, e que amosou a súa satisfacción por este recoñemento público á profesión que tantos anos exerceu.

A Asociación Canteiros de Poio foi convidada ao acto de homenaxe, pero decidiu non asistir porque «consideramos que a mellor homenaxe que poden facer os Canteiros de Poio é recoñecerlle a súa antiga titulación expedida pola Deputación, sen ter que facer cursos nen exames, se realmente se quere poner en valor os canteiros, terán que recoñecer os que conseguimos a titulación da escola de canteiría viva máis antiga da península».

Tracking Pixel Contents