Amizade desprega en Pontevedra o seu plan de atención integral
Beneficiou na comarca a más de oitenta persoas con algún tipo de discapacidade

Unha das saída de ocio de Amizade. | FdV
A asociación Amizade levou a cabo en 2024 un programa de atención integral, con servizos e actividades, a persoas con discapacidade da comarca. Este programa, coordinado por unha educadora social, chegou a máis de 80 persoas da comarca de Pontevedra con discapacidade física, intelectual, sensorial, orgánica ou mixta, así como as súas familias e a contorna na que desenvolven as súas actividades diarias.
Dentro dos servizos e actividades máis demandadas da asociación, atópanse incluidas neste programa actividades como saídas de ocio, servizo de información e asesoramento, obradoiro de ocio, reunións de empoderamento das mulleres con discapacidade, entre outras.
O presidente de Amizade, Paulo Fontán, recalca a importancia do traballo das asociacións para a defensa e a loita polos dereitos das persoas con discapacidade, e anima a todas as persoas a que se fagan socias das distintas entidades.
- La Guardia Civil logra frenar una estafa de 46.300 euros con criptomonedas a un pontevedrés
- Pontevedra contabiliza 6.000 pisos vacíos, el triple de los demandantes de vivienda
- Defensa ratifica a los afectados la venta de las viviendas militares: «Estamos algo más tranquilos»
- Así quiere transformar Pontevedra su entrada norte: vivienda, campus y una nueva Avenida de Compostela
- El «interés general» impide a Pontevedra cortar el envío de agua a otros municipios
- La hierba de la Pampa está retrocediendo en el Gafos y Vaipolorío llama a una jornada de erradicación voluntaria
- Evacuado en helicóptero tras ser rescatado del agua en Sanxenxo
- Kinder Bar, la cafetería donde los niños juegan y los padres desconectan