Culturgal refoza o seu Espazo Arte, no que as galerías venderán obras
Haberá un ciclo de performances en Belas Artes | Exporarase a relación arte-sociedade
REDACCIÓN
O Espazo Arte de Culturgal, que se puxo en marcha o ano pasado, medra nesta nova edición como «unha iniciativa necesaria en Galicia, unha feira de arte contemporánea con propostas novidosas e buscando a participación e o contacto co público», suliña a organización.
Así, apostarase «polas galerías e espazos de arte que representan modos de traballo novidosos en Galicia, explorando na relación entre a arte e a sociedade». Ademais, os asistentes a Culturgal poderán adquirir pezas desde 100 euros e ata 10.000 euros
Os responsables da feira indican que o Espazo Arte do Culturgal é un proxecto integrador e amplo que «quere atender á realidade cultural das galerías e dos novos espazos de arte, na lóxica de que integran una parte fundamental da industria cultural, e sobre todo viven do contacto co público, tanto profesional como afeccionado».
Avanzan que propostas como «Pombal Gallery» buscarán a reflexión a través de «A Invitación», que parte da idea de «arte social». Esta iniciativa pretende, engaden, «mobilizar ao público, repartindo entradas á feria, proporcionándolles transporte e invitándolles a un petisco-pack».
Destacan tamén o ciclo de performances da Facultade de Belas Artes «Neodoctrinas», comisariado por Lupercais Arte (Lucía Estévez e Lucía Leirós). Haberá por outra parte unha performance de Andrea Mosquera Guerrero (Galería Sarao Studio).
O programa de arte de Culturgal inclúe os obradoiros de arte de Xosé Vilamoure (galería Dodo Dadá) e de cianotipia (galería La Doce), e mesas de debate sobre Arte e compromiso social (A Colectiva) ou sobre os espazos alternativos para a arte.
- Abren los primeros furanchos de Pontevedra, con un catálogo de 11 tapas a elegir
- Sorprenden a un vecino de Cuntis con dos kilos de hachís en su furgoneta
- Muere la mujer de Cerdedo-Cotobade víctima de una brutal paliza de su hijo el 2 de enero
- La familia Filgueira recurre la sentencia de las Galerías Oliva
- Cuatro patatas que inspiraron a un pueblo
- Chispa y Cuper: un olfato insuperable
- Los vecinos, con el alcalde de Poio, desalojan la casa ocupada en Combarro
- La vida con deporte y la enfermedad de Perthes