Unha xornada pon en valor aos medios que comunican en galego
Se desaparece a nosa lingua «desaparece a cultura galega», lembrou a vicerreitora Susana Reboreda no campus capitalino

Anxo Sánchez, Adrián Reis, Xosé Baamonde, Vanesa Vázquez e Carlos Vieito. | Duvi
“Se desaparece o galego, desaparece a cultura galega”. Deste xeito puña o foco a vicerreitora de Extensión Universitaria, Susana Reboreda, na importancia de impulsar iniciativas que contribúan o uso e difusión do idioma na apertura da xornada Comunica en galego, dirixida a dar visibilidade a medios de comunicación, creadores de contido e iniciativas dixitais nesta lingua.
Coordinada polo profesor da Facultade de Comunicación Xosé Baamonde, esta actividade contou coas intervencións da coordinadora da revista Vinte, Vanesa Vázquez, o deseñador web e emprendedor Anxo Sánchez, o activista dixital Carlos Vieito e o reporteiro e editor de OU ké! Adrián Reis.
O Duvi lembra que despois de que o informe publicado nese mes de outubro polo Instituto Galego de Estatística (IGE) sinalase un descenso do uso do galego entre a poboación máis nova, esta xornada buscou «dar visibilidade á xente que traballa a prol de galego» e que, subliñou Baamonde, contribúe a que o idioma «estea moi vivo».
Nese senso, pese a que os datos publicados polo IGE son «preocupantes», como recoñeceu a vicerreitora de Extensión Universitaria, existen tamén «portas á esperanza», sinalou, como o «pulo que está a ter”»no eido da cultura, sostivo. «O galego non hai que impoñelo, o galego hai que sentilo», defendeu Reboreda, quen recoñeceu que se as cifras de diminución do seu uso entre a xente máis nova «continúan», o idioma «acabarase extinguindo» e con iso, subliñou, «a cultura galega acábase».
De aí que outro dos propósitos da xornada fose animar os futuros e futuras profesionais que se forman na facultade a comunicar en galego, o que levou á vicerreitora do campus, Eva María Lantarón, a lembrarlles «a importancia que teredes na difusión» do idioma.
“» a nosa raíz, a nosa identidade, polo que loitemos por el, porque é o noso pasado, parte do noso presente e tamén o noso futuro», sostivo. Nesa mesma liña, a secretaria académica da facultade, Silvia García Mirón, salientou que, se ben os datos do IGE «son realmente alarmantes», é preciso «non deixarnos arrastrar» e promover iniciativas que contribúan «no día a día a que o uso do galego se estenda».
- Una estirpe de ferreteros de casi ochenta años
- Medio centenar de estudiantes inicia sus prácticas de Enfermería en el área sanitaria de Pontevedra
- Gestilar iniciará en el segundo trimestre del año su plan residencial en A Granxa
- El supuesto autor de las puñaladas a dos hermanos en Pontevedra es un joven de Marín de 18 años
- La ‘piqueta’ ya hizo su trabajo en Lapamán
- Prisión provisional para el joven investigado por intento de homicidio por acuchillar a dos hermanos en Pontevedra
- Una colisión frontal entre dos vehículos en Marín obliga a excarcelar a una mujer herida
- Unos «profesores» con mucho olfato para los niños