O Samaín colle forza na Boa Vila
A celebración do tradicional Samaín colle forza ano tras ano na Boa Vila con numerosas actividades tanto a nivel da programación municipal do Concello de Pontevedra como nos centros educativos. Así, por exemplo, os alumnos do IES Sánchez Cantón voltaron montar, un ano máis, o seu famoso «Túnel do terror», organizado polos estudantes de segundo curso do ciclo superior TSEAS dende o módulo «Tempo de lecer», que se imparte nesta área. Deste xeito, os máis de 600 alumnos do instituto pasarán estes días en grupos de seis ao interior deste túnel, no que os protagonistas son as personaxes propias da noite de defuntos e do máis alá.
O certo é que este ano vai ser especial no que na celebración do Samaín se refire, xa que o Concello de Pontevedra, en colaboración con diferentes colectivos e negocios da cidade, presenta a «A noite dos calacús», un completo programa arredor da festa celta coa que se recibe ao inverno e que terá o seu día grande o vindeiro 31 de outubro.
Ademais de obradoiros, contos de medo e música, o Samaín 2024 da Boa Vila conta cun prato forte: a procesión das ánimas do purgatorio, a tan coñecida na cultura galega como Santa Compaña, que percorrerá as rúas do centro histórico mañá xoves, 31 de outubro (con saída ás 21 horas dende o Mercado), da man da Aula de Teatro Municipal. Ese será o día grande do programa, con obradoiros de cociña, de colares de zonchos (castañas), maquillaxe, pantasmas e disfraces de ánimas, tallado de calacús, contos de medo e música (coa Banda de Música de Pontevedra e Señora DJ), que terán lugar no Mercado de Pontevedra, nunha grande aposta por recuperar a actividade nestas instalacións municipais.
A organización salienta que aínda quedan algunhas vacantes na actividades con inscrición previa que terán lugar na tarde deste xoves no Mercado e convida tamén a participar nas numerosas alternativas que non precisan de inscrición: os postos de maquillaxe para a posterior procesión de ánimas, tallado de calacús, contacontos...
Así mesmo, dende onte e ata ao 31 de outubro, panadarías da cidades recuperan e vende receitas especiais do «Pan de ánimas». Colaboran Amásame Bakery Lab, Solla, Landín, Pumper, Acuña, A Devesa e Xeve.
Outra cita interesante terá lugar no primeiro andar da Praza de Abastos, que entre o 1 e o 3 de novembro acollerá O Mercado de Samaín, en horario de mañá e tarde e con «photocall», contacontos, obradoiros infantís...
- Abren los primeros furanchos de Pontevedra, con un catálogo de 11 tapas a elegir
- Sorprenden a un vecino de Cuntis con dos kilos de hachís en su furgoneta
- Muere la mujer de Cerdedo-Cotobade víctima de una brutal paliza de su hijo el 2 de enero
- La familia Filgueira recurre la sentencia de las Galerías Oliva
- Cuatro patatas que inspiraron a un pueblo
- Chispa y Cuper: un olfato insuperable
- Los vecinos, con el alcalde de Poio, desalojan la casa ocupada en Combarro
- La vida con deporte y la enfermedad de Perthes