Pola restauración da Memoria Lingüística en Caldas

O cemiterio municipal de Eirín, en Caldas a conmemoración do Día da Restauración da Memoria Lingüística. O acto, mañá ás 18.00 , é tamén coñecido como o Día das Letras Galegas dos defuntos en homenaxe aos falecidos que desenvolveron a súa vida en galego pero teñen a lápida en castelán, unha «anomalía cultural que é preciso corrixir». Está organizado polo departamento de Cultura do Concello de Caldas no marco da campaña «En galego, agora e sempre» da Asociación de Funcionarios pola Normalización Lingüística.

Tracking Pixel Contents