Entrevista | Gonzalo Sancho Presidente de Vaipolorío
“Estamos retirando cantidades de lixo moito máis pequenas que ao principio”
Sobre o nivel de sensibilidade ecolóxica, destaca que a sociedade en xeral responde “ocasionalmente, en momentos efémeros”

Gonzalo Sancho / Rafa Vázquez
Carla Tilve
Limpezas periódicas do río Gafos, obradoiros ambientais ou roteiros e recuperación da identidade son algunha das actuacións que leva a cabo a asociación Vaipolorío, nacida no 2001 para velar polo coidado do río Gafos. Á súa fronte atópase Gonzalo Sancho, que leva colaborando coa asociación ecoloxista preto de dezaoito anos. Así, na súa liña de actuacións, este domingo 25 de agosto darase a quinta e última xornada de limpeza do río Gafos, na que ademais colaborarán voluntarios da Cruz Vermella.
–Cal é a súa valoración do estado do río Gafos polo de agora?
–O río está moito mellor. Despois dos 24 anos da nosa actividade é normal que se corrixeran moitísimas das deficiencias que había. Nun principio, as cantidades de lixo que se sacaban eran esaxeradas e agora mesmo temos que falar de cantidades moito máis pequenas, de moito menos lixo. Aínda que non se deba soamente pola acutación de Vaipolorío, un feito que si temos experimentado é que toda actuación medioambiental precisa dun mantemento para manter todo o ecosistema limpo, dado que a humanidade estamos ensuciando constantemente. Por iso precisamos dunha actuación aconstante.
–E concretamente neste último mes, sen tanta presenza de chuvias, como é a apariencia do río?
–Neste último ano hidrolóxico, porque así se debe valorar, podemos considerar que o río leva un caudal moi aceptable. Isto é algo moi bo para manter as especies vivas que dependen da auga, tanto animais, como invertebrados e vexetación. As chuvias do outono, inverno, primavera e principios de verán favoreceron un bo estado do caudal do río. Notamos que hai vida, que o río é vida, por resumilo.
–Nota un cambio significativo na cantidade de lixo eliminada?
–Polo xeral hai moito menos. Estes días pasados, na zona urbana empézase a notar a presencia de residuos tecnolóxicos, móbiles, ordenadores, pantales... Isto é algo que extraña porque, se ben é certo que antes existía o costume social, sobre todo en zonas rurais, de botar todo o lixo ao río, agora en zonas urbanas, que se consideran máis culta e sensible ante o tema ecolóxico, pasa que o río segue considerándose un vertedoiro. Así que, aínda que haxa menos lixo, parécenos que a presenza destos residuos tecnolóxicos no leito do río é un retroceso social que non ten parangón.
–Entón non percibe unha maior concienciación ambiental nestes últimos anos?
–Esa é unha pregunta difícil de repostar. Ás veces si que se ve unha resposta por parte da sociedade ante catástrofes medioambientais como o Prestige, no que a actuación da xente foi exemplar. Incluso agora cos microplásticos. Pero non deixan de ser accións ocasionais, algo temporal, momento demasiados efémeros. O cuidado da natureza non é cuestión dun día, non é cuestión de espontaneidade nin de publicidade. O medioambiente precisa dunha sensibilidade constante.
–Esa situación efémera dáse en Pontevedra?
–Penso que non.Pontevedra é unha desas cidades que está respondendo moi ben [á cuestión ambiental]. Hai fallos, sempre os hai, tamén gubernamentais. Quero dicir, desde o Concello, a Deputación, a Xunta... Pero iso non quita que hai unha sensibilidade social boa e que Pontevedra teña interese polo río Lérez, polo río Gafos ou incluso recentemente Valdecorvos.
–Pasando a outro tema, cal é a situación actual no intento de liberar a beira do Gafos do asentamento das infravivendas?
–Parece ser que un propietario pelexou xudicialmente por iso. Non é cuestión de que unha sociedade ecoloxista vaia resolver un problema persoal. O propietario ten que ver como legalmente pode defender os seus dereitos. Pero me parece un gran paso. Nos alrededores parece que xa non hai máis vivendas. Porén, aínda fai falla moita vontade administrativa. Xa hai moitas veces que reivindicamos a musealización e a posta en valor patrimonial e cultural da zona. A administación non pode considerarse nai daqueles que non tendo lugar onde vivir se poñan nunha zona que debería estar protexida, do mesmo xeito que o está a praia do Silgar.
–Como están sendo as conversas co Concello e con Augas de Galicia?
–Debo admitir que non está sendo todo o desexables que nós quereriamos. Mantemos unha boa relación porque ao final dependemos deles. Actuar na beira do río precisa duns preceptos legais. Nós empezamos a actuar por encantamento ambiental, pero é a administración a quen verdadeiramente debe actuar e regular. Pero ao final, hai outras prioridades e o medio ambiente queda relegado a un segundo o terceiro posto, como un pariente pobre. E nós precisamos a continuidade de xente máis nova e máis preparada.
Suscríbete para seguir leyendo
- Descubren una fábrica clandestina y 142 kilos de tabaco de contrabando en Pontevedra
- Medio centenar de estudiantes inicia sus prácticas de Enfermería en el área sanitaria de Pontevedra
- Una campaña de firmas luchará por un parking gratuito en el Novo Montecelo
- Confirmados los 22 años de cárcel para el asesino de Jéssica Méndez
- El genial caso del aula de los 50 años entre sus alumnos
- La serie ‘Rapa’ y las películas ‘As Neves’, ‘Honeymoon’ y ‘+ Cuñados’ copan 40 de las candidaturas de los Mestre Mateo
- La ‘piqueta’ ya hizo su trabajo en Lapamán
- El Castelao más dulce