Aquí Cántase volve ás rúas da Boa Vila

O 9 de agosto poderanse escoitar “os verdadeiros hits da música galega”

Demetrio Gomez, edil de Cultura, con Mirta Díaz e Otilia Carballa, de Maravallada.

Demetrio Gomez, edil de Cultura, con Mirta Díaz e Otilia Carballa, de Maravallada. / FdV

Carla Tilve

O canto tradicional galego volverá encher as rúas do centro histórico pontevedrés coa oitava edición de “Aquí Cántase”, o espectáculo de canto colectivo impulsado pola Asociación Cultural Maravallada. Este mércores foi o último dos ensaios xerais no Burgo e, con eles, terminouse de preparar o terreo para o día 9 de agosto.

Ese día, a partir das 21 horas, baixo a dirección de Anxo Xesteira “os verdadeiros hits da música tradicional galega” (como o definiu o edil de Cultura, Demetrio Gómez) serán cantados por todo aquel que se una ao percorrido que concentra catro prazas: Curros Enríquez (21 horas), Praza do Teucro (21.45 horas), a rúa Charino, o exterior do Teatro Principal (22.30 horas)e a Praza de Santa María (23.15 horas). Na praza de Curros Enríquez farase a entrega de máis de un millar de letras das cancións “para que os pontevedreses, pontevedresas e foráneos poidan cantar con todos nós”, sinalan desde a asociación.

A Rumboia, o cuco, o estraperlo, Morena por ti, Vos meus amores, o carro ou Fisterra serán algunhas das máis de 20 pezas que forman parte do repertorio preparado deste ano e que abrirán as festas da Peregrina. Con todo, para cantar os temas os temas de grupos como Fuxan Os Ventos non se necesitan “coñecementos musicais previos nin ter unha gran voz, só ganas de gozar da música e participar nun espectáculo orixinal e único nas prazas de Pontevedra”, destacan dende a organización.

Por norma xeral, da orde dun millar de persoas adoitan acudir a esta cita, “a actividade máis especial de todas as festas que temos este verán e a que mellor condensa as festas de verán”, sinala Demetrio Gómez. E o é porque a Boa Vila será a verdadeira protagonista da celebración, pola súa disposición para poder desprazar a tantas persoas dunha praza a outra, e por toda a participación que acolle cada ano.

Desde Maravallada lembran que o canto colectivo, “ademais de polo seu folclore que nos define como galegos, ten a posibilidade de romper barreiras, tanto xeracionais como xeográficas”. “O interesante de “Aquí Cántase” é que non é algo que gosta só a xente de Pontevedra, porque se achega moita xente de fóra, mesmo estranxeiros que tentan aprenderse as letras, felicítannos e agradecen esta actividade”, indican.

Os ensaios previos levan preparando desde os meses de maio, xuño e xullo.

Tracking Pixel Contents