Hipertensión, obesidade, depresión, diabetes e cáncer, doenzas crónicas prevalentes en Marín
O salón de actos do Museo Torres acolleu onte unha xornada sobre a saúde

Asistentes á charla de onte no Museo. | // FDV
REDACCIÓN
O salón de actos do Museo Municipal Manuel Torres acolleu onte unha xornada na que a saúde, en todo o seu global, foi a gran protagonista. Foi promovida pola Área de Atención Sociosanitaria do Centro de Saúde de Marín na que o equipo que a conforma explicou en que consiste a promoción da saúde, que ferramentas que levaron a cabo no último ano para perseguila e cales son os plans futuros para seguir implantándoa na sociedade marinense.
A alcaldesa, María Ramallo, abriu o acto, no que participaron a directora de Atención Primaria da área Sanitaria, Itziar Melendo; a subdirectora médica de Atención Primaria, Dolores Pan; a subdirectora de enfermería de Atención Primaria, Silvia Amoedo, e a xefa de servizo do Centro de Saúde de Marín, Teresa Gómez, encargada de expoñer xunto co resto de profesionais do centro implicadas, as accións de promoción sanitaria.
Melendo explicou os equipos multidisciplinares. “Desas unidades, saen os Plans Locais de Saúde, unha potente ferramenta para ter unha foto fixa de cales son as principais enfermidades que caracterizan a cada municipio e que esbozan ideas e iniciativas para tratar de impactar sobre a súa prevalencia.
No caso de Marín, tal e como explicou a xefa de servizo na súa exposición, “no 2022, as enfermidades crónicas máis prevalentes na vila, por orden de máis a menos, son a hipertensión, a obesidade, a depresión, a diabetes, o cáncer…”. En moitas delas, o estilo e os hábitos de vida saudables teñen un impacto importante, entre outros factores, e telos en conta pode axudar a que “esas enfermidades diminúan ou tarden moito máis en debutar”.
- Una persecución nocturna acaba con un coche policial volcado en un solar en Pontevedra
- «Mi vida está dividida en dos, una parte aquí, en Pontevedra y, la otra, en Brasil»
- Lujo inmobiliario en el centro
- Detenido un pontevedrés por apalear a su pareja porque le escondió la consola de videojuegos
- Pontevedra adjudica por 3,1 millones el vial de Mollavao y la humanización de Rosalía de Castro
- Os Palleiráns: «Queremos ser los Rolling Stones gallegos»
- Rueda y Ramallo revisan planes por cerca de 8 millones de euros
- Malestar vecinal en el barrio pontevedrés de Santa María por la vuelta del trapicheo