O director Alfonso Zarauza estrea o filme Pontevedra, hora cero o xoves día 4

O Teatro Principal acollerá o vindeiro xoves, 4 de xaneiro, a estrea de Pontevedra, hora cero, o filme de Alfonso Zarauza sobre a transformación da Boa Vila nas últimas dúas décadas. Na presentación estará o propio director así como as actrices protagonistas Melania Cruz, Ledicia Sola e Marta Lado, acompañados do alcalde Miguel Anxo Fernández Lores e o concelleiro de Cultura, Demetrio Gómez. Esta produción, na que Lores fai un cameo, gravouse na cidade a finais de 2021.