Poio aproba as contas de 2024 e o PSOE dí que “dispara a débeda”

Redacción

O grupo municipal do PSdeG-PSOE de Poio votou onte en contra da aprobación inicial do orzamento municipal de 2024 porque “dispara a débeda en máis de 1,5 millóns, resultado da xestión do alcalde Ángel Moldes en apenas seis meses, que apenas conta con investimentos propios e deixa ás claras a incapacidade do goberno local de buscar fondos doutras administracións”.

Os socialistas temen que 2024 sexa un año “moi complicado para a veciñanza de Poio, dada a incapacidade de xestión do goberno local, ao que se lle suma o incumprimento sistemático de promesas como a baixada do IBI. Agora, xa non se contempla para todo 2024 e, probablemente, tampouco para todo o mandato”, di o voceiro do PSOE, Gegorio Agís, que c alifica de “axuste de cara á galería” a rebaixa “da viñeta do coche en 2025, que reducirá en 2 euros anuais ese recibo”. Pese a este voto en contra e o do BNG, o PP de Poio botou man da súa maioría a bsoluta para sacar adiante as contas de 14,7 millons.