Aberta a inscrición nos dez cursos da aula CeMIT de Poio en decembro

REDACCIÓN

A Aula da Rede de Centros para a Modernización e Inclusión Tecnolóxica da Xunta de Galicia, Rede CeMIT, ofrece á cidadanía durante o mes de decembro dez cursos gratuítos en habilidades dixitais. En total, a aula de novas tecnoloxías impartirá 49 horas de formación.

Os cursos comezarán xa este venres, día 1, coas formacións “Videoconferencias online”, que comezará ás 16.00 horas e na que se explicará o funcionamento de diferentes plataformas que ofrecen este servizo.

Tracking Pixel Contents