Marín homenaxea hoxe a catro mulleres e catro homes vinculados ao traballo no mar
As actividades fanse durante toda a xornada e o acto central será ás 18.30 horas na Alameda-
REDACCIÓN
A Asociación Por un Museo do Mar para Marín organiza hoxe domingo un festival no cal se homenaxeará ás mulleres e homes que dedicaron a súa vida a traballar en labores vinculadas ao mar. A homenaxe conta con varios actos. Pola mañá e a partir das 12.30 horas na Praza 8 de Marzo, onde ten a súa sede o Museo do Mar, as persoas que se acheguen poderán desfrutar dun monumento efímero elaborado pola Asociación de Alfombristas de San Martiño de Moaña. Estes artesáns da arte floral realizarán unha alfombra con escenas mariñeiras que de seguro sorprenderá a todas as persoas que asistan.
No mesmo espazo poderán gozar da obra escultórica “Inmigración por la supervivencia” dos artistas Cristina Pino e Gustavo Suasnábar. Este acto matinal completarase cunha homenaxe que este ano terá como protagonista a Luís Gómez Area, uns dos patróns da frota pesqueira de maior idade do Concello de Marín.
Vídeo de cada un
Xa pola tarde, a partir das 18.30 horas na Alameda Rosalía de Castro (ou no Multiusos da Praza de Abastos no caso de que chova) terá lugar o prato forte desta “III Xornada de Homenaxe ás Mulleres e Homes do Mar”. Este ano serán catro mulleres e carto homes que dedicaron a súa vida a traballar no mar ou en tarefas relacionadas con este: Consuelo Santiago García, Severino Bouzas Graña, Pascual Rodríguez Ferreirós, Visitación Núñez Castro, Ana González Santiago, Antonio Castro Area, Luis Durán Pastoriza e Mª Dolores Dopazo Barros serán as persoas homenaxeadas. O acto consistirá na proxección dun vídeo-homenaxe de cada unha delas, realizados por Lukas Santiago, que resumen a súa experiencia vital. O presentador do acto será Nelson Quinteiro e tras a proxección das pezas audiovisuais realizarase a homenaxe pública coa entrega dos obsequios conmemorativos. Para pechar a xornada a agrupación musical “Máis cantos” dirixida polo mestre Nelson Quinteiro ofrecerá unha selección de cancións tradicionais e cantos de taberna.
- Descubren una fábrica clandestina y 142 kilos de tabaco de contrabando en Pontevedra
- Medio centenar de estudiantes inicia sus prácticas de Enfermería en el área sanitaria de Pontevedra
- Confirmados los 22 años de cárcel para el asesino de Jéssica Méndez
- El genial caso del aula de los 50 años entre sus alumnos
- La serie ‘Rapa’ y las películas ‘As Neves’, ‘Honeymoon’ y ‘+ Cuñados’ copan 40 de las candidaturas de los Mestre Mateo
- La ‘piqueta’ ya hizo su trabajo en Lapamán
- El Castelao más dulce
- Manuel Ruibal, urólogo: «La telecirugía y la inteligencia artificial son los grandes retos de la cirugía robótica»