A Escola Municipal de Música segue coa matriculación aberta para este curso, agora coa opción do horario de mañá do 18 ao 28 de setembro, de 10.00 a 12.30 horas. Quedan prazas para Música e movemento (de catro a cinco anos): 8 prazas; Música e movemento (de seis a sete anos): 16 prazas; Linguaxe musical (iniciación): 8 prazas; Violín (iniciación): 14 prazas; e Piano (iniciación): 14.

“O galego é un tesouro”

Por outra banda, no marco do programa de dinamización lingüística FalaRedes 2023 se organiza a exposición “Orgullo da nosa lingua: O galego é un tesouro” para compartir. A exposición estará exposta do 25 de setembro ao 1 de outubro na Avenida de Ourense, diante da Casa Consistorial