Homenaxe en Caldas aos alumnos do Bacharelato de Excelencia do Aquis Celenis

Os alumnos homenaxeados polo Concello de Caldas.   | // FDV

Os alumnos homenaxeados polo Concello de Caldas. | // FDV / REDACCIÓN

REDACCIÓN

O Concello de Caldas celebrou unha homenaxe aos alumnos da primeira promoción do Bacharelato de Excelencia (STEMBach) do IES Aquis Celenis. Este recoñecemento tamén se fixo extensible ao gañador da Olimpíada de tradución na modalidade de grego, alumno do mesmo instituto, Yeray Muñíz.

O STEMbach é un programa de excelencia que permite ao alumnado mellorar e profundizar nas competencias de ciencias, tecnoloxía, enxeñería e matemáticas en colaboración coas universidades galegas. No caso do IES Aquis Celenis complemenase o campo de estudo cara as Ciencias Sociais vertebrando estes estudos arredor da lingua galega, facendo deste tipo de bacharelato un elemento normalizador para o noso idioma.

Tracking Pixel Contents