Un día despois da conmemoración do Día de Galiza Mártir para reivindicar a figura de Alexandre Bóveda, asasinado polo fascismo hai 87 anos por defender a nación galega, o BNG de Poio quixo aclarar as declaracións do conselleiro de Cultura, Román Rodríguez, que asegurou que este ano foi a primeira vez que recibíu “un convite formal polo Concello”.
“O Concello de Poio convidaba á Xunta de Galiza a todos os actos de Galiza Mártir en Poio, remitíase un convite dende Alcaldía dirixido á presidencia da Xunta”, explicou o BNG, que engadíu que “dende a Xunta nunca dirixiron resposta; agora que o acto é organizado polo PP parece que o conselleiro síntese máis cómodo”. “Non se pode vir saír na foto a Poio e botarlle a culpa ao anterior Goberno de Poio para xustificar a súa ausencia durante anos”, afirmou Marga Caldas.