Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

O Concello de Vilaboa reporá seis muros de contención de viais municipais danados polas inundacións

Unha subvención de 69.697,59 euros concedida pola Deputación de Pontevedra permitirá ao Concello de Vilaboa reparar os muros danados polas inundacións rexistradas a principios deste ano en viais municipais. O Concello realizará estas tarefas de reposición nos lugares de O Souto-Paredes, Vilaboa; Magarella en Santa Cristina de Cobres; en A Graña, Vilaboa; en O Río, Vilaboa; en Riomaior, Santa Cristina de Cobres e en Alcouce, Figueirido.

Tracking Pixel Contents