A Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) celebrará en Pontevedra a conmemoración O/A Escritor/a na súa Terra, que se dedica á figura da escritora pontevedresa Fina Casalderrey. Será o 10 de xuño co descubrimento do monólito conmemorativo e a plantación da árbore da autora, un acivro. Será un acto aberto para todo o público que se desenvolverá nas inmediacións do río Lérez en Monte Porreiro. Despois será o acto de entrega da “Letra E” no Teatro PrinMontse Pena Presas realizará un Laudatio da autora, a quen se lle entregará unha peza escultórica. O acto finalizará coa intervención de Fina Casalderrey, que responderá á laudatio.
