As escolas infantís de Sanxenxo pechan a súa matrícula con listas de agarda en dous cursos

As familias dos nenos admitidos nos centros municipais do Tombo e Revel deberán formalizar a inscrición definitiva entre o 12 e o 23 de xuño

Escola infantil do Tombo.   | // FDV

Escola infantil do Tombo. | // FDV / Redacción

Redacción

As escolas infantís municipais de Sanxenxo pecharon o periodo de matriculación con listas de agarda en dous cursos, o 0 -1 de O Tombo e o 1-2 tanto de ambas escolas. Quedan prazas nos grupos 0-1 da EIM Revel e 2-3 das dúas escolas.

A partir de agora, unicamente poderán presentarse solicitudes nos seguintes casos: Nacemento, acollemento ou adopción do neno con posterioridade ao prazo de presentación de solicitudes; Cambio de residencia da unidade familiar ao Concello de Sanxenxo; Outras circunstancias socio-familiares ou laborais que o motiven e que estean debidamente xustificadas polos Servizos Sociais municipais.

Os admitidos deberán formalizar a matrícula entre o 12 e o 23 de xuño. Debera presentarse preferiblemente na sede electrónica de Terra de Sanxenxo. Opcionalmente poderase presentar presencialmente no Rexistro de Terra de Sanxenxo mediante formulario normalizado dispoñible na páxina web do concello e nas propias escolas.

Para a matriculación será imprescindible o cumprimento do calendario de vacinación infantil do Programa Galego de Vacinación.Co sistema de cofinanciamento entre o Concello de Sanxenxo e a Consellería de Política Social da Xunta de Galicia, a atención educativa é gratuíta para as familias independentemente da súa renda. O servizo de comedor será cofinanciado polo Concello de Sanxenxo en función da renda dos usuarios. As vacantes que se produzan ó longo do curso serán cubertas por rigorosa orde de puntuación entre os nenos que formen parte da listaxe de agarda.