O BNG de Caldas quere un concello “onde se poida traballar e vivir”

O candidato do BNG á Alcaldía de Caldas de Reis, Manuel Fariña, afirmou que os 15 puntos do programa de goberno son un compromiso de acción para transformar Caldas nun “concello onde se poida traballar e dea gusto vivir”. Entre os puntos que salientou está abrir as pozas da Tafona nos 100 primeiros días de goberno.