O Concello de Marín leva a cabo estes días unha serie de melloras de mantemento nos aparcadoiros públicos gratuítos habilitados dentro do Proxecto MARES, unha iniciativa que desenvolveu nestes últimos anos o goberno local coa finalidade de mellorar a ordenación do espazo urbano e facer convivir as necesidades de maior peonalización coas do tráfico rodado e o estacionamento. Na última semana, estívose traballando no aparcadoiro de Concepción Arenal e nestes días procedeuse coas parcelas de Ponte Zapal e Inferniño. O obxectivo é reencher aqueles baches que se foron xerando co uso e o paso do tempo, desbrozar as malas herbas e, en xeral, manter a parcela en boas condicións.
- Multimedia
- Clasificados
- Servicios
