O BNG aposta por potenciar o turismo sustentable e de calidade

REDACCIÓN

A candidata do BNG á Alcaldía, Lucía Santos, afirma que “temos a firme convicción de que Marín pode converterse nunha referencia turística polos seus innumerábeis recursos turísticos, cunhas condicións atraíntes e satisfactorias que motiven o coñecemento e desfrute responsable”. Santos engade que “o BNG aposta por un modelo transversal e diversificador, poñendo en valor os nosos recursos patrimoniais, culturais, etnográficos e paisaxísticos” co obxectivo de desestacionalizar o turismo.