Ponte Caldelas vive a Festa da Troita

Os concursos de pesca, a música e as degustacións centran a cita gastronómica no Verdugo

Dous participantes nas degustacións previas.

Dous participantes nas degustacións previas. / FdV

R. P.

Despois de máis dun mes de itinerancia de degustacións e festas vinculadas á troita polas parroquias, Ponte Caldelas chega esta fin de semana ás xornadas grandes da súa cita gastronómica por excelencia. Durante dous días haberá concursos de pesca, degustacións e música nesta festa que acada a súa 55 edición e está declarada de Interese Turístico de Galicia.

Os actos comenzan hoxe sábado a partir das 8.30 horas , cunha celebración matutina do Concurso Sénior e Veterano de Pesca Deportiva. Ás 18.00 horas haberá las exhibicións de baile local con diferentes grupos e distintas franxas horarias. O primeiro e o grupo de baile rexional “Escola de Bailes Tradicionais Trouleada de Ponte Caldelas” e media hora despois actuarás o grupo infantil da Banda de Gaitas Os Coribantes de Buchabade na Alameda, e por último ás 18.50 horas será a actuación de bailes de salón a cargo do grupo Ponte Caldelas Baila.

Ás 19.00 horas o protagonista da festa abrirá as súas portas. E o stand de degustación de troitas, que recibirá ao seu público na Alameda de Ponte Caldelas e fará ás delicias de todos os comensais. A continuación comeza o II Festival Troita Folk, cos Coribantes de Buchabade, tamén na Alameda. Este mesmo grupo fora o encargado de abrir a primeira Edición do Festival o ano pasado.

Aí presentaron o seu novo disco, “A Ponte da Música”, cun recopilatorio de temas propios e música tradicional, con varias pezas coa localidade como protagonista. Ao mesmo tempo, na igrexa do Sagrado Corazón de Ponte Caldelas, haberá a actuación co Certame Coral, a cargo da Coral Valdarrosa de Ponte Caldelas.

Pola noite, a partires das 23.00 horas, o grupo Bomba de Canarias e a discomóvil SuperFabrik animarán a verbena que porá fin á xornada do sábado.

Pola súa banda, a xornada do mañá domingo comenzará ás09.00 horas coa celebración, de novo, do Concurso de Pesca, esta vez dando espazo ás categorías Femenino, Xuvenil e Infantil. Despois, dende ás 12.00 e ata ás 14.30 horas, abrirá de novo o stand degustación de troita (que abrirá de novo pola tarde, ás 19.00 horas), e estarán amenizados por pasarrúas a partir do mediodía, como é o caso da Banda de Música Popular de Meaño.

Ás 13.00 horas a Alameda da vila acollerá a entrega de trofeos do Campeonato de Pesca, para todas as diferentes modalidades que participaron durante a fin de semana.

Ás 13.30 haberá outro concerto, tamén na Alameda, previo ao segundo día do Festival Troita Folk, que recibirá actuacións de toda Galicia e pechará o evento que, con só dúas edicións, xa se convertiu nun referente da música folclórica do país.