Marín, de novo escenario da final autonómica de freestyle
REDACCIÓN
A cultura e a improvisación urbana volverán ter unha cita imperdible esta fin de semana en Marín, coa celebración da final autonómica de freestyle na Finca de Briz a partir das 17.00 horas, que foi presentada onte no Concello por parte dos organizadores de BhB Galicia e o concelleiro Hugo González.
É a segunda vez que Marín acolle unha final a nivel galego desta disciplina artística. Participarán os oito clasificados nas dúas fases previas que se celebraron en Vigo e na Coruña, aos que se suman tamén Jota e Sozat, gañadores da final autonómica o pasado ano.
Aqueles que resulten vencedores nas batallas do sábado, clasificaranse de novo para a General Rap de Alicante, que se celebra en agosto, e para os que o Concello subvencionará a viaxe ata a cidade e a estancia durante a competición estatal. Ademais, esta final puntuará para o ránking de acceso ao FMS España.
- Fernando Morientes, de compras en el Mercado de Abastos de Pontevedra
- Condenado a cuatro años y medio por dar un puñetazo a un viandante que se golpeó la cabeza contra el suelo en Pontevedra
- Un autobús de Monbús se empotra contra una dársena en Pontevedra
- El alcalde de Cuntis se encuentra con un 'vertido' de 200 plantas de marihuana tiradas en el monte
- Silencio, se rueda en Marín
- ¿Picaresca ante la falta de taxis por la noche?: cazado un profesional de otro concello en viajes nocturnos
- Los vecinos de Campolongo arropan a su patrón
- El mayor parque urbano, en obras: tendrá ‘skate park’, miradores y un canal de agua