Ponte Caldelas festexa o Día das Letras Galegas

Presentación da programación.   | // FDV

Presentación da programación. | // FDV / REDACCIÓN

REDACCIÓN

A Alameda de Ponte Caldelas acollerá o mércores, 17 de Maio, Día das Letras Galega, un acto para festexar este especial día para todas as galegas e galegos. Dará comezo ás 12.00 horas cun repaso á biografía de Francisco Fernández del Riego que virá a cargo de María do Carme Piñeiro, mestra de lingua galega, que repasará a vida e obra do homenaxeado.

A continuación terá lugar a presentación do grupo de canto tradicional ‘Aires da Castrelada’ de Ponte Caldelas. Este grupo, dirixido por Andrés Lorenzo, conta con menos dun ano de vida e xa conta con máis de 30 voces de Ponte Caldelas e dos municipios da contorna que reivindican e lle dan unha nova vida as cancións tradicionais galegas.

A continuación, o compositor, cantante e músico Samuel Soto interpretará o tema adicado a Francisco Fernández del Riego. Por quinto ano consecutivo, Soto puxo música á vida e obra dos homenaxeado no Día das Letras Galegas.

O acto rematará coa interpretación do himno galego e todas as veciñas e veciños participantes están convidados a entonar.