Poio reforzará a súa atención turística cunha contratación temporal

A Concellería de Turismo vén de recibir unha achega de máis de 6.000 euros por parte da Deputación, que servirá para reforzar o servizo de atención e información ao público no Casal de Ferreirós. cunha contratación temporal. Trátase dunha subvención que a institución provincial impulsa para aquelas dependencias que forman parte da rede Info Rías Baixas, á que pertencen as instalacións de Ferreirós.