Marín e a Asociación Érguete lanzan a campaña “Unha vaquiña para falar de adiccións”

Banners repartidos no municipio e nos colexios queren previr condutas adictivas entre os menores

Redacción

O Concello de Marín e a Asociación Érguete levan a cabo a campaña “Unha vaquiña para falar de adiccións”, coa que queren previr as condutas adictivas nos menores do municipio. Consta de varios banners repartidos nos colexios e outros puntos acompañados dunha serie de reflexións. Todas estas creatividades están protagonizadas por distintas vacas galegas que se preguntan sobre as distintas adiccións.

“Centramos as mensaxes nas vacas para reflexionar sobre a perigosidade das adicción dun xeito lúdico e positivo”, explican dende a Asociación Érguete.

A concelleira, Mónica Viqueira, explica que estas accións responden “a nosa estratexia de intervir coa mocidade para evitar condutas adictivas con accións positivas e que non os criminalicen”. A Asociación Érguete impartirá charlas con menores e familias para falar con maior profundidade sobre as adiccións.

Tracking Pixel Contents