O Proxecto Legado de escritura creativa terá nove sesións para recuperar a memoria familiar
REDACCIÓN
A memoria familiar é o que a escritora e xornalista Elena Gallego Abad utilizará como recurso creativo para desenvolver o Proxecto Legado, un obradoiro de creación literaria que se desenvolverá ao longo de nove sesións na Biblioteca Pública Vidal Pazos do Concello de Marín. A concelleira de Cultura, Beatriz Rodríguez, e a escritora presentaron onte a actividade despois do éxito colleitado polo primer obradoiro que se levou a cabo a pasada fin de semana co gaio da celebración do Día do Libro.
Desta vez, o Proxecto Legado ten unha programación formativa máis intensa, con nove clases que se desenvolverán os días 6, 13, 20 e 24 de maio e os 3, 10, 17, 24, e 28 de xuño. As sesións que coinciden en sábado serán de 11.00 a 13.00 horas, namentres que as dos mércores realizaranse de tarde, de 19.00 a 21.00 horas.
Haberá 15 prazas dispoñibles. Para inscribirse, será abondo con mandar un correo ao enderezo biblioteca@concellodemarin.es.
- El primer tramo de la A-57 apenas recibe 2.400 vehículos diarios
- La protectora de animales de Poio pide «ayuda urgente» para Pincho y Miki
- Samuel Kwesi, del ‘Villa de Pitanxo’: «Cuando yo no podía hacer nada, ellos me protegían a mí para que yo no muriera»
- Un coche queda volcado en la calzada en Sanxenxo tras colisionar con otro aparcado
- Cae en el peaje de la AP-9 en Pontevedra una banda itinerante de georgianos por robos en Vigo y otras ciudades gallegas
- La vinculación de la fiscal Marta Durántez con Pontevedra
- Un incendio afecta al edificio del Pañol Histórico de la Escuela Naval de Marín
- Un vecino de Sanxenxo con el carné retirado aparca en Nauta y se va sin pagar