Poio organiza o 6 de maio unha gala solidaria para recadar alimentos

REDACCIÓN

Unha vez máis, o tecido asociativo do municipio de Poio volve ser exemplo de solidariedade e implicación en favor das persoas máis desfavorecidas, grazas a unha nova iniciativa altruísta impulsada por Moura Teatro e a Batucada Os Queimatasas, en colaboración coa Comunidade de Montes de San Xoán. O vindeiro domingo 7 de maio a sede dos comuneiros, situada na contornada Seca, acollerá a primeira edición da Gala Poio Colabora, un evento que reunirá a varios artistas locais e da contorna co obxectivo de recadar a maior cantidade posible de alimentos para as familias con menos recursos da vila.

Seguindo o modelo doutros citas similares realizadas nos últimos anos, o único requisito para poder asistir a este gran espectáculo, que dará comezo ás 18.00 horas, será realizar unha achega de produtos non perecedoiros. Toda a recadación será entregada ao departamento de Servizos Sociais do Concello, cuxo persoal procederá a realizar o seu reparto entre as familias en risco de exclusión. A concelleira responsable desta área, Rosa Fernández, expresou en nome da Administración local “a nosa máis sincera admiración e agradecemento por esta iniciativa”.