Colocadas as bandeiras dos tres Sendeiros Azuis de Marín

Colocación das bandeiras.

Colocación das bandeiras. / REDACCIÓN

REDACCIÓN

A Ruta de Montes e Praias, a Ruta dos Cinco Miradoiros e o Vial de Praias. Eses son os tres sendeiros azuis que a Adeac otorgou de novo a Marín. Onte, a alcaldesa María Ramallo e as concelleiras Marián Sanmartín e Cristina Acuña colocaron as bandeiras identificativas no inicio do Vial de Praias, en Portocelo. O Concello suliña que “Marín revalida así estes importantes distintivos que demostran a calidade dos nosos roteiros e a importancia medio ambiental”.