O Museo reúne a catro artistas ligados á cidade arredor dun texto de Manuel Lourenzo
“Había outra vez...” amosa obras de Belén Padrón, Itziar Ezquieta, Manolo Figueiras e Xosé Carlos Seoane
REDACCIÓN
O Museo de Pontevedra únese á celebración do XXIV Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra coa apertura da exposición “Había outra vez...”. Arredor dun texto de Manuel Lourenzo González, homenaxeado nesta edición do Salón, xúntase a obra de catro artistas ligados á cidade: Belén Padrón, Itziar Ezquieta, Manolo Figueiras e Xosé Carlos Seoane. A exposición ábrese este sábado 22 de abril ás 12.00 horas e poderá visitarse ata o 21 de maio no Edificio Castelao.
Exhibirán as súas pinturas, de diferentes inspiracións, estilos e técnicas, nunha mostra que busca vertebrar un discurso unificado e coherente a través dun diálogo cruzado altamente suxestivo. A exposición está organizada en colaboración co Concello de Pontevedra e o Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra, que do 21 de abril ao 7 de maio celebra a súa 24ª edición. Ten como tema o xogo e homenaxea ao propio Manuel Lourenzo, autor do texto que serve de fío condutor da exposición.
- Gran despliegue de medios para sofocar un incendio forestal entre Pontevedra y Marín
- Un escenario de 30 metros de boca y 16 de altura, cuerpo de baile, pantallas... Jennifer López ya está en Pontevedra
- «Jomafer», otro estandarte del comercio tradicional que echa el cierre en Pontevedra
- Todo preparado para recibir a «la diva del Bronx»
- Remolcada hasta Praceres una embarcación de recreo en apuros en la ría de Pontevedra
- Los principales toreros del escalafón, en el 125 aniversario de la plaza de toros de Pontevedra
- PortAmérica: Emilia, Duncan Dhu o Melendi, broche de oro
- La hostelería da una salida a los migrantes de Sanxenxo: «Es una satisfacción enorme ver cómo se abren camino»