Amicos organizou onte unha xornada para identificar e analizar os máis de 26 kilos de residuos retirados na contorna da senda verde do río Umia o seu paso por Caldas de Reis. Nesta actividade participaron distintos actores da sociedade caldense, o concello, a empresa Clavo Food Factory, escolares dos centros La Encarnación e o CPR San Fermín Padre Somascos.
A acción esta enmarcada dentro do proxecto Dinamiza, que a asociación leva desenvolvendo dende comezos de ano. O obxectivo foi mostrar e concienciar da necesidade de protexer os ríos facendo unha boa xestión dos residuos. Na acción contouse coa participación de máis de 37 escolares dos colexios La Encarnación e CPR San Fermín Padre Samascos, e 23 integrantes de Amicos e voluntarios.