O Concello de Marín convoca o Premio de Narración Curta polo Día das Letras Galegas
Haberá unha modalidade para escolares e outra aberta ao público en xeral
REDACCIÓN
O Concello de Marín volve convocar este ano co gallo do Día das Letras Galegas o XVII Premio de Narración Curta en lingua galega, tanto na súa variable para escolares como para adultos. No que respecta aos escolares e tal e como se pode ler nas bases do concurso, dispoñibles na web do Concello, poderán participar todos os escolares dos centros de ensino do municipio de Marín que cursen Educación Primaria e Primeiro e Segundo da ESO.
Cómpre que os traballos sexan inéditos, de temática libre e realizados en lingua galega. Valorarase a orixinalidade, a utilización da lingua galega e a redacción. Cada centro escolar poderá presentar, como máximo, tres traballos por categoría. Haberá catro: Educación Primaria: 1º e 2º curso; Educación Primaria: 3º e 4º curso; Educación Primaria: 5º e 6º curso; e ESO: 1º e 2º curso
O xurado concederá tres premios por categoría consistentes en material escolar e unha placa para o primeiro de cada categoría. A Dirección de cada centro subirá todos os traballos que opten ao premio na páxina web do Concello de Marín. O xurado estará constituído por un máximo de tres persoas. Se os traballos presentados non reuniren a suficiente calidade o xurado podería declarar deserto algún premio.
No caso dos público en xeral, poderán participar todos os autores de ámbito nacional. Cada participante subirá o traballo na páxina web do Concello de Marín. Concederase un único premio de mil euros.
- El mercadillo de antigüedades estrena ubicación, distribuido en cuatro zonas
- Una empresaria pontevedresa logra el perdón de una deuda de 750.000 euros
- Detenido en Barcelona por contratar a un sicario para desfigurar a una mujer de Pontevedra
- Preocupación entre los veterinarios de la ciudad por el sistema Presvet sobre antibióticos
- Premio a los que hacen de Pontevedra un lugar único
- Pedro Almodóvar, Carmen Machi, Najwa Nimri, Candela Peña, Luis Tosar... en Pontevedra
- La gala de los Premios Feroz llena los hoteles de Pontevedra, completos en el fin de semana
- «No me puedo poner esa carga, no represento a los maricones del mundo»