Lembranza dun artista e tres poetas do Seminario de Estudos Galegos

Segunda reunión do Seminario de Estudos Galegos, unha imaxe de Ksado do 1926. |  // FDV

Segunda reunión do Seminario de Estudos Galegos, unha imaxe de Ksado do 1926. | // FDV

Mañá, homenaxe no Museo a Castelao, Filgueira, Fermín Bouza Brey e Luís Bouza Brey “Lucho”

A asociación Mesa as Verbas celebra mañá no Museo unha xornada de lembranza do Seminario de Estudos Galegos, centrada en Castelao, Filgueira Valverde, Fermín Bouza Brey e Luís Bouza Brey “Lucho”. A actividade incluirá ás 12.00 horas unha visita ás coleccións e ás 18 a conferencia de Germán Manuel Torres de Aboal sobre o traballo científico do Seminario.