Vilaboa inaugura o Forno da Cal como homenaxe aos seus antigos traballadores

REDACCIÓN

O Concello de Vilaboa celebrará o sábado ás 12.00 horas un pequeno acto de inauguración do Forno do Cal, un espazo recuperado para o desfrute veciñal a través do GALP. Será tamén un homenaxe público a todas as persoas que dalgún xeito estiveron ligadas a este entorno e sobre todo aos traballadoras neste forno, moitos deles falecidos xa pero que estarán representados por algún familiar. O acto, que será ao aire libre e totalmente aberto, contará coa actuación musical de Ceci e Miguel.

O Forno do Cal é un elemento singular do patrimonio industrial de Vilaboa situado en San Adrián de Cobres que antes da actuación estaba oculto pola maleza e que grazas a unha actuación xestionada a través do GALP foi recuperado. Nos últimos meses escolares dos centros de Vilaboa visitaron este entorno para familiarizarse con esta parte da historia local.