Afonso Eiré presenta o xoves en Marín a súa última novela

O escritor e xornalista Afonso Eiré presenta o venres ás 19.30 horas no Museo Manuel Torres de Marín, a súa última novela, Ausentes nun acto organizado pola Asociación Cultural Grupo Aberto. O libro recolle as vivencias dos que marcharon aos distintos países de América, de Europa ou outras comunidades do Estado, pero tamén dos que quedan, xa que “todos sofren de ausencia”.