Preséntase o día 20 “Convite de difuntos”, segunda novela do escritor pontecaldelán Eduardo Sánchez

Ponte Caldelas volve recibir a Santino Sputch para, nesta ocasión, enrolarse nunha nova historia na máxica Illa de San Simón na Ría de Vigo. Eduardo Sánchez, escritor nacido en Vigo e afincado en Ponte Caldelas dende hai máis de 20 anos, presenta a súa segunda novela “Convite de difuntos” o vindeiro venres, 20 de xaneiro, ás 20.30 horas na Casa da Cultura de Ponte Caldelas. Os protagonistas de “La Curandera del Olvido” volven a Ponte Caldelas para vivir novas aventuras cheas de misterio.