Francisco Rodríguez | Autor de “Unha etapa estelar e conflitiva de Galiza”

“O século XIV explica moitas das nosas realidades actuais de Galiza”

O histórico político e crítico literario afonda na súa nova obra no noso pasado medieval

Francisco Rodríguez, nunha imaxe de arquivo.   | // Xoán Álvarez

Francisco Rodríguez, nunha imaxe de arquivo. | // Xoán Álvarez / Susana Regueira

O Edificio Castelao do Museo foi escenario da presentación de “Unha etapa estelar e conflitiva de Galiza (a segunda metade do século XIV)”, obra na que o histórico político e crítico literario Francisco Rodríguez afonda no noso pasado medieval, pulindo deformacións e ocultamentos.

–Como estruturou este traballo?

–Hai dous tomos dese libro, no primeiro abordo unha interpretación da historia medieval galega, do século VIII ao XIV, onde se deixa claro que o reino orixinario cristiá da parte noroccidental da Península foi Gallaecia, o Reino de Galiza que, claro, tiña unha extensión maior que a actual Galiza autonómica, pero que os reis, a institución monárquica, o poder económico, o poder militar e a base demográfica importante e o dinamismo cultural e científico estaba sobre todo no que é a Galiza que empeza en Ortegal e acaba no Douro. Digamos que ese primeiro tomo é unha explicación da historia de Galiza anterior ao século XIV e este segundo é o momento conflictivo e estelar que se viviu dunha maneira dura.

–Ata cando perviviu a hexemonía do Reino de Galiza?

–Esa realidade perviviu ata prácticamente o século XIII, e nese momento, nunha coxuntura complexa foi cando por primeira Galiza entra a formar parte dunha monarquía plurinacional, que xa ten unha cerna castelán con Fernando III, pero sigue tendo un gran peso dentro desa monarquía plurinacional. Ate o extremo de que cando chega a segunda metade do século XIV os reis desa monarquía, en concreto Alfonso X noso e XI na historiografía oficial, e sobre todo Pedro I, ao que chaman “el cruel”, eran reis que se apoiaban moito na clase dirixente galega para contrarrestar a influencia da clase dirixente castelán.

O reino orixinario cristiá da parte noroccidental da Península foi Gallaecia, o Reino de Galiza... Os reis, o poder económico, o militar e a base demográfica importante e o dinamismo cultural e científico estaba no que é a Galiza que acaba no Douro

–Asegura que eso provocou un duro enfrentamento…

–Ahí se provocou un grave conflito interno en Castela e no caso de Galicia acabou nunha invasión multinacional. É esa parte do século XIV á que lle adico todo este tomo II, con ramificacións a distintos temas, porque foi un momento que marcou un fito. Prodúxose na segunda metade do XIV na guerra entre os falsos Trastámara, os pretendentes a esta coroa plurinacional, en contra de Pedro I. Galiza era petrista e o rei Pedro I a base fundamental do seu apoio tiñaa aquí. E nos non perdimos esa confrontación internamente, senón que se perdeu en Castela e despois aquí nos invadiron casteláns, aragoneses, franceses… Co Papa apoiando, para someter Galiza á nova dinastía Trastámara. E ahí comezaron os problemas.

–Que efectos produxo esa perda?

A introducción do castelán, a clase dirixente xa unha parte era extranxeira, e o peso do Reino de Galicia non soamente diminuiu senón que ademáis era visto como un reino hostil aos Trastámara e nese momento empezou a historia na que aínda estamos dentro dese funil.

Prodúxose un grave conflito interno en Castela e no caso de Galicia acabou nunha invasión multinacional. É esa parte do século XIV á que lle adico todo este tomo II, con ramificacións a distintos temas, porque foi un momento que marcou un fito

–Porque canto da nosa actualidade se explica polo acontecido nese periodo histórico?

–Moito, o século XIV explica moitas das nosas realidades actuais de Galiza. Por varios motivos, porque é cando empeza a dependencia e subordinación dunha maneira clara, cando deixamos de ter unha clase dirixente propia, cunha estratexia propia e definida, que é o que tiñamos antes. Deixamos xa de ter relación sociais e políticas profundas con Portugal, e incluso a estratexia de reintegración. Empeza a cavarse a fronteira, xa dunha maneira clara. E ainda así resistimos, ata o século XV resistimos, quen lle puxo a puntilla ao país foron os Reis Católicos pero, claro, xa había precedentes dun dominio, con moita anarquía, con moita descomposición social, con moito conflito tamén interno pero xa tiñamos os enemigos dentro da casa. E eso é polo que o XV en Galiza é tan convulsivo, polo que hai todas as sublevacións Irmandiñas, porque estamos nunha convulsión que ten como axentes a monarquía castelán, introducindo factores a través dos instrumentos que ten de dependencia, que son a nobleza extranxeira introducida aquí, maioritariamente de orixe castelá, os cargos eclesiásticos importantes, sobre todo o Arzobispado de Compostela e a mayoría dos bispados, a administración de xustiza, toda a cuestión burocrática, e a introducción interna xa, desde dentro, do propio castelán.

Suscríbete para seguir leyendo