O Apalpador visita oito concellos da comarca co programa “Nadal en Galego”

REDACCIÓN

O Apalpador, a tradicional figura do Nadal en Galicia, visitará este ano oito concellos da comarca da man da Deputación grazas á octava edición do programa “Nadal en Galego”. Estará en Barro, A Lama, Campo Lameiro, Cerdedo-Cotobade, Cuntis, Caldas, Portas e Sanxenxo, Os percorridos itinerantes do pasarrúas polos centros das vilas estarán marcados por cada un dos concellos. O programa “Nadal en Galego” foi deseñado tamén para fomentar o coñecemento da tradición de Nadal propia de Galicia e para que as e os máis novos poidan familiarizarse co mítica figura galega e coñecer a súa historia.