O Apalpador visita aos nenos para convidar a unha vida sa e a coidar os nosos bosques

A música da Banda da Montaña e o burro Río Lor acompañaron ao persoeiro do Nadal galego | O pasado ano fixo espectáculos en 43 concellos para unhas 7.000 persoas

O Pazo Provincial recibiu onte a visita do Apalpador, ao que recibiu a deputada María Ortega, e ao que acompañaron os nenos, a Banda da Montaña e o burro Río Lor.

O Pazo Provincial recibiu onte a visita do Apalpador, ao que recibiu a deputada María Ortega, e ao que acompañaron os nenos, a Banda da Montaña e o burro Río Lor. / GUSTAVO SANTOS

“O Apalpador estivo de moda, está de moda e estará de moda”, lembra Anxo Moure, escritor, contador de historias e ecopacifista que onte protagonizou encontro organizado polo Club FARO sobre este persoeiro do Nadal galego e a súa recuperación nos últimos anos. Con él, a deputada provincial de Lingua, María Ortega, participou neste evento, ao que finalmente non acudiu o ilustrador e creador de contidos da web Apalpador.gal, Xoán González, por motivos de saúde.

María Ortega incidiu en que o Apalpador “é unha tradición fermosa e moi do país”, que paga a pena recuperar porque “facendo valer a súa figura”, tamén rescatamos as nosas “raíces e orixe, a nosa cultura, os montes, ríos e mares”.

Lembrou que dende 2008 faise un intenso esforzo por rescatala, un traballo no que colabora a Deputación co programa “Nadal en galego”, que o pasado ano levou ao Apalpador a 43 concellos, con espectáculos para unhas 7.000 persoas.

O Apalpador visita aos nenos para convidar a unha vida sa e a coidar os nosos bosques | GUSTAVO SANTOS

María Ortega incidiu en que o Apalpador “é unha tradición fermosa e moi do país”, que paga a pena recuperar porque “facendo valer a súa figura”, tamén rescatamos nosas “raices e orixe, a nosa cultura, os montes, ríos e mares” | GUSTAVO SANTOS / Susana Regueira

“Hai unha tendencia grande, sobre todo no mundo da educación, sobre todo da Educación Infantil, de recuperar o próximo, o que é máis cercano á nena ou ó neno, e a través do Apalpador podemos recuperar a proximidade dos bosques, das árbores, da cultura tradicional, a montaña…” lembra Anxo Moure. Tamén axuda a que os rapaces coñezan as nosas vestimentas, coma os zocos que calza a popular personaxe, e tamén a bos amigos coma o burro Río Lor, que non faltou ao encontro, ou unha tanxugueira.

Anxo Moure convidou aos asistentes a unha viaxe polo rural galego e tamén por figuras tradicionais doutros puntos da Península, caso do Tientapanzas de Castela ou os nosos Apalpabarrigas dos Ancares e o Pandigueiro de Vilariño de Conso. Todos eles coinciden en que son a figura principal dos seus respectivos Nadais, que baixan entre as noites do 24 ao 31 deste mes para tocar a barriga dos nenos e comprobar así se comeron abondo durante o ano. Deixanlles moitas castañas, ás veces algún agasallo e sempre lles desexan un venturoso ano cheo de felicidade.

O carboeiro, destaca Moure, é unha ferramenta para lembrar aspectos positivos do noso legado e tamén “a fame, o frío, a vida na montaña que se foi despoboando”, lameutou. De feito, nas numerosas citas que ten o Apalpador estes días na provincia (só na xornada de onte visitou a ducias de nenos, alumnos do centro Príncipe Felipe e escolares de Pazos de Borbén), explica aos rapaces a marabillosa riqueza natural dos lugares onde vive, coma a Serra do Invernadeiro.

Estas visitas son xornadas moi especiais, nas que Anxo Moure comproba que os nenos están cheos de ternura, tanto que as súas reaccións e preguntas fanlle lembrar a Anxo Moure á súa propia aboa, “que era cega, a nosa Mamá Elvira, e a nós apalpábanos para coñecernos”, rememora.

Porén, hoxe en día o Apalpador xa non toca as barrigas dos cativos. “Xa non o facemos, senón que cada neno se apalpa a súa barriga”, explica o persoeiro, que lles advirte que “apalpo a barriga coa miña man e traio castañas asadas para as nenas e nenos que comen san”.

O Apalpador visita aos nenos para convidar a unha vida sa e a coidar os nosos bosques | GUSTAVO SANTOS

O carboeiro, destaca Moure, é unha ferramenta para lembrar aspectos positivos do noso legado e tamén “a fame, o frío, a vida na montaña que se foi despoboando”, lameutou | GUSTAVO SANTOS / Susana Regueira

De seguido, vailles preguntando se toman moita fruta e verdura, peixiño das rías ou caldiño. Tamén llo pregunta ás súas nais, en encontros que buscan reivindicar o decisivo papel da muller na vida do rural galego.

Non é a única novidade do Apalpador, que últimamente viste menos aquelas roupas vellas e luce elegante os seus zocos, pero tamén un chaleco, pantalón de pana ou unha pucha nova. O que nunca falta son as súas longas barbas, que o escritor e contador deixa medrar durante 6 meses para dar vida no Nadal a esta persoaxe.

Anxo Moure sempre estivo moi vinculado á defensa do medio ambiente. Ecoloxista dende os anos 80, entrou en contacto coa figura do Apalpador “nas miñas viaxes ao Courel e Ancares”, explica, fai uns 20 anos. A súa fisonomía (de novo a característica barba longa), tamén axudou a que un grupo de veciños se puxese en contacto con él “para reivindicar esa figura. E así empecei”, lembra, sobre o inicio dunha traxectoria que hoxe inclúe xa máis de 2.000 actuacións.

“Traballo moitísimo”, recoñece o Apalpador, contando contos en lugares onde apenas quedan nenos, coma en Vilariño de Conso.

Anxo Moure coñeceu a figura do Apalpador no Courel e os Ancares fai 20 anos. Hoxe xa protagonizou máis de 2.000 actuacións

Para o espectáculo de onte o Apalpador fíxose acompañar de amigos moi especiais, os integrantes da Banda da Montaña. Servando Barreiro, músico de Vigo especialista na concertina, e Brais Moure, fixo de Anxo, que fai de Pandigueiro, axudaron nunha divertida proposta musical.

O acto completouse cun video centrado no Sobreiral do Arnego, que axudará a saber máis do patrimonio natural da provincia.

Non faltou tampouco a entrega á deputada dunha árbore. En cada Concello no que para o Apalpador vai deixando espécimes galegos, coma acivros ou sobreiras. A idea é que sexan prantados en espacios públicos, e nas vilas cheas de formigón, como lembrou María Ortega, tamén medre agora a natureza que tanto defende o noso amigo do Nadal.

Suscríbete para seguir leyendo