Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

O termo idadismo, do campus á RAE

O diccionario da Real Academia Española incorporará esa palabra ao igual que a Galega

¿Ya nos sigues?Márcanos como medio preferente
Añádenos en Google

REDACCIÓN

Pontevedra

Impulsada pola Universidade de Vigo, a Asociación de Familiares y Enfermos de Alzhéimer y otras Demencias de Galicia (Afaga) e a entidade de innovación social Atendo, a Cátedra de Idadismo nacía neste 2022 co obxectivo de combater o conxunto de prácticas laborais, sociais e políticas que discriminan ás persoas por razón da súa idade. No seu propósito de facer visible esta problemática, desde a cátedra impulsaron unha serie de xestións dirixidas a que o termo edadismo fose incluído no dicionario da Real Academia Española (RAE), algo que acontecerá neste mes de decembro, segundo confirmou aos seus responsables o académico Darío Villanueva.

“Para poder loitar contra este ismo, primeiro temos que poñerlle nome”, salienta a directora da cátedra, a profesora da Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación de Pontevedra Ana Belén Fernández Souto, que explica que para o impulso desta iniciativa contactaron co galego Darío Villanueva, que ocupa a letra D como académico de número da RAE e quen “amosou o seu interese porque o termo” pasase a formar parte do dicionario. Recentemente, Villanueva confirmou aos e ás responsables da cátedra que edadismo incorporarase ao Diccionario de la lengua española ao longo deste mes de decembro, “o que supón un grande éxito e un importante logro alcanzado da man de todos os hispanofalantes e as 24 academias” que integran a Asale, a Asociación de Academias da Lingua Española, salientan desde a cátedra.

A voz edadismo fora xa aprobada na Comisión de Ciencias Humanas da RAE en 2019 e “tras a xestión de pospleno e a conformidade das academias americanas”, acordouse a súa incorporación ao dicionario da lingua española, explican desde a cátedra. Isto levará a que o termo pase a forma parte da versión gratuíta deste dicionario, que pode consultarse na web da RAE e que se actualiza cada ano.

Tamén na RAG

Nese obxectivo da cátedra de facer visible o problema do idadismo, a Cátedra Afaga-Atendo impulsou tamén a inclusión deste termo no Dicionario da Real Academia Galega, o que levou a que o Seminario de Lexicografía da RAG acordase a finais de outubro a incorporación tanto do termo idadismo, definido como a “discriminación contra persoas ou colectivos por razón de idade, especialmente cando esta se produce contra as persoas maiores”, como da voz idadista.

TEMAS

Tracking Pixel Contents