Moraña activa un sorteo en Facebook co gallo da campaña “O noso comercio quere o teu galego”

O Concello de Moraña pon en marcha a campaña “O noso comercio quere o teu galego”, cun sorteo no que os participantes deben escribir un comentario nesta publicación e recomendar un establecemento do comercio local de Moraña do que sexan clientes e esté adherido a campaña. Además, deberase explicar o motivo da recomendación e sempre facelo en galego. Os premios serán dous vales de compra no comercio local de 50 euros cada un. Os gañadores elexiranse de xeito aleatorio a través dunha aplicación o día 22 de decembro e daranse a coñecer mediante este Facebook e unha chamada telefónica.