Cerdedo-Cotobade xa ten programación de Nadal, que arrincou xa co prendido de luces e continuará o venres 9 de decembro coa celebración do tradicional Mercado de Nadal, na Praza da Chan. O martes 20 de decembro, Papa Noel visitará todos e cada un dos centros educativos do municipio e o venres 23 de decembro haberá no pavillón de Carballedo unha Festa Infantil de Nadal. O 5 de xaneiro os Reis Magos farán un amplo percorrido que dará comezo ás 10:00 horas na Casa do Pobo de Santa María de Sacos e finalizará ás 13:45 horas na Casa Escola de Augasantas.

O 6 de xaneiro, haberá un Concerto de Reis da Banda de Música de Cerdedo, ás 19 horas, no Centro Cultural de Cerdedo. Ao mesmo tempo, ás 19:30 horas no Centro Cultural e Turístico “Antonio Fraguas”, terá lugar o Certame de Cantares de Reis con chocolatada ao remate no que actuarán as parroquias e grupos do concello.