O Teatro Principal será escenario hoxe a partires das 21 horas da quinta Gala de Cantos de Taberna, que volve da man da Asociación Cultural Maravallada e do Concello despois do parón da pandemia. O evento, lembra a organización, fai “un recoñecemento a aquelas persoas ou entidades que, pola súa labor, teñen colaborado na difusión e engrandecemento da música popular galega, en especial a manifestación que da mesma se fai nas tabernas”.

Luís Caruncho, que traballa desde fami máis de 30 anos pola defensa da nosa cultura, conducirá a gala, que homenaxeará nesta edición especial ao grupo Fuxan os Ventos. Recollerán o galardón as mulleres que formaron parte do grupo, Tereixa Novo, Carmen Vázquez e Maruxa (María Dolores Fuciños). Elas subirán ao escenario en representación de todos os compañerios presentes e pasados que conforman a historia deste proxecto musical que sen manten vivo desde fai 50 anos é que un referente popular da canción protesta en galego, como lembra a organización.