A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, participa hoxe no acto de presentación da candidatura do BNG á Alcaldía do concello de Cerdedo-Cotobade, de cara ás eleccións municipais de 2023, que está encabezada novamente por Ernesto Filgueira. A cita é ás 11.00 horas no centro cultural Antonio Fraguas.