La II Festa das Cunchas de Pontevedra rindió homenaje a los 26 años de historia del CIFP Carlos Oroza haciéndole entrega del premio Loureiro de Ouro. "Para min era fundamental que este ano recibira o premio Loureiro de Ouro o Centro Integrado de Formación Profesional (CIFP) Carlos Oroza. Non é preciso explicalo, pero vou ler por que se lle outorga: 'Polos seus 26 anos de historia, polo traballo realizado na formación de tantas xeracións e pola contribución á profesionalización dun sector tan necesitado dela'. Mil grazas a todo o profesorado do Carlos Oroza". De este modo anunció la concejala de Promoción Económica, Yoya Blanco, en el marco del Mercado das Cunchas, la entrega de este galardón, que el propio director del centro educativo, Manuel Hermo, recibió de manos de un ex alumno, el chef de El Cafetín, Rubén González Vallejo, flamante ganador de la Batalla das Cunchas 2022, en un acto que también contó con la asistencia de la vicedirectora del Carlos Oroza, Pilar Tallón y del edil de Benestar Social, Marcos Rey.

Hermo se mostró emocionado por recibir este homenaje, admitiendo que "desde que anunciaron que nos ían entregar o premio, esta semana foi toda de ledicia, porque ser recoñecido pola cidade cun premio como este para nós é moi importante e reforza o labor educativo que estamos a desenvolver desde hai 26 anos no ámbito profesional da hostalería e o turismo". "Coido que nós achegamos o noso grao de area ao éxito que vive a nosa hostalería. Temos ex alumnos emprendedores, que montaron os seus propios negocios aquí, e outros que non están na cidade, pero que están espallados polo mundo e que sitúan o nome de Pontevedra a nivel internacional", señaló el director del CIFP Carlos Oroza.

En opinión de Yoya Blanco, "sobran os motivos para darlle un galardón como este a un centro que é unha seña de identidade da nosa cidade, que forma parte dela dun xeito moi activo" y sin el cual resultaría materialmente imposible "levar adiante esta carreira de fondo que mantemos para ser Capital Española da Gastronomía (CEG) 2023".

"Pontevedra sempre reacciona moi ben a este tipo de eventos gastronómicos, polo que agardamos que a xente se anime a encher o Mercado das Cunchas (Praza de España) esta fin de semana. Esta edición da Festa das Cunchas é moi especial, porque estamos no sprint final para converternos en CEG e queremos que o xurado vexa que non só temos respaldo institucional e empresarial, senón da propia cidadanía, que considera que Pontevedra debe ser Capital Española da Gastronomía (o nome da urbe vencedora darase a coñecer o 16 de novembro)", aseguró la concejala socialista.

Para Rubén González Vallejo fue "un orgullo" poder entregar esta distinción al CIFP Carlos Oroza, "principalmente porque eu me sinto parte do centro, estudiei alí e sempre sigo ligado na medida do posible en distintas colaboracións". "Coas melloras constantes que hai no centro -afirmó- danme moitas veces gañas de volver estudar ao ver como se están facendo as cousas, coa horta ou o I+D+i. Estamos traballando por e para a hostalería local, tendo moi en conta ao Carlos Oroza dentro dese círculo. É un premio moi merecido".