O Pazo da Cultura vestirase mañá de gala para a gala dos novenos Premios Martín Códax da Música, unha festa promovida por Músicas ao Vivo que da visibilidade e recoñece a diversidade e a calidade artística das producións e de todo o sector musical do país.

A actriz, guionista e dramaturga Carmen Conde, de Tarabela Creativa, é a responsable da dirección artística da gala, que principiará ás 21 horas na que se darán a coñecer todas as propostas premiadas desta edición, incluídas as das novas categorías extraordinarias: Artista Emerxente e Artista do Ano.

O que sí se coñece xa é o Premio Martín Códax da Música Honorífico 2022, que recae no histórico grupo Fuxan os Ventos cando celebra o seu 50 aniversario na música.

Os galardóns propóñense botar luz sobre 48 proxectos musicais galegos actuais e en activo, “garantindo así a transcendencia mediática e o potencial tan diverso da música galega, así como a súa tradución ao mercado musical do momento, tanto o discográfico como o da música ao vivo”, suliña a organización.

Ademáis de os proxectos musicais, os Premios Martín Códax recoñecen a salas, festivais e espazos de comunicación ligados á música galega.