A Biblioteca de Sanxenxo no Pazo Emilia Pardo Bazán acolle mañá venres a presentación do libro de poemas “Alma de outono”, de Silvia Figueiras, nun encontro sinalado para ás 19.30 horas. Intervirán Paz Lago, concelleira de Cultura, e o mestre Roberto Maquieira García. A obra chega xusto na estación á que o propio título fai referencia e que está presente en todas as súas páxinas. Defínese como un “tempo de acusada beleza para uns versos ateigados de sensibilidade e forza telúrica, que tamén logrou plasmar a autora da cuberta, a pintora Charo Blanco Roca”.